Os cursos encádranse dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 e desenvólvense dentro do marco dunha subvención da Consellería de Traballo.
Está previsto que os cursos, un sobre a Base de Datos Oracle 10g e outro sobre Auditoría Informática, se impartan nos meses de outubro e novembro. Durante as vindeiras semanas comunicaráselle a través de email aos/ás membros do colexio toda a información relacionada con estas actividades formativas, a cal tamén estará dispoñible na sección de cursos do portal do colexio.
Os continuos cambios a que está sometido o mercado de traballo en Galicia fan necesario que se lles proporcione aos traballadores e traballadoras do eido da Enxeñaría en Informática a formación necesaria que lles permita adaptarse ás novas necesidades dos distintos sectores do noso tecido produtivo.
O colexio está a participar moi activamente en todos os foros e comisións relacionados co Espazo Europeo de Educación Superior.
Membros da Universidade de Santiago de Compostela (USC) reuníronse con representantes do CPEIG e das empresas do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación
(TIC) coa finalidade de que elas os asesoren na elaboración do plan de
estudos do novo grao de Enxeñaría Informática, que se impartirá na
universidade compostelá.
Este ano remataron os seus estudoss a décima promoción de Enxeñaría en Informática e a primeira promoción do Máster en Informática.
O pasado sábado 28 de xuño celebrouse no salón de actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña o acto de despedida dos/das recén titulados/as en Enxñaría en Informática e no Máster en Informática.
Á celebración os xa ex-alumnos e ex-alumnas asistiron coas súas mellores galas e acompañados de numerosos familiares e amigos.
En representación do CPEIG, asistiron o Presidente e o Secretario do colexio. Por parte da Universidade da Coruña asistiron o Rector e o Decano da Facultade de Informática.
As memorias SSD (Solid State Drive) ameazan con revolucionar o mercado.
A escena repítese constantemente. "O Meu disco duro morreu e perdín todo". Máis dun escritor tivo que facer terapia psicolóxica para asumir que os cinco capítulos da súa nova novela desapareceron. A morte dun disco duro pode levar por diante películas, discografías, fotos, teses doutorais e un longo (e doloroso) etcétera.
O mercado dos discos duros é duro, como non. Cada día se ofertan novidosos dispositivos con capacidades case imposibles de encher e en tamaños diminutos. Pero cando a industria do disco duro logrou concienciar a humanidade de que fai falta ter un bo, o mellor, e dispoñer de máis de unopara asegurarnos de que a información non corre perigo, xusto entón apareceu a memoria flash. ¿Quen non ten unha memoria USB con forma de chave, lapis, pincho? Son os pequenos xenios da familia SSD (Solid State Drive).
O máster está patrocinado polas empresas Altia e Tecnocom.
Desde o 1 de xullo e ata o 14 de agosto está aberto o prazo de pre-matriculación do Máster en Informática da Universidade da Coruña.
As listas de admitidos publicaranse entre o 15 de agosto e o 8 de
setembro. O prazo de reclamacións e do 9 ao 11 de setembro e as listas
definitivas publicaranse o 15 de setembro.
O primeiro buscador da Rede presenta Knol, a súa "ciberenciclopedia" con anuncios. Os expertos desconfían do poder acumulado pola compañía.
Chega a nova aventura de Google. O buscador máis utilizado de Internet, cunha cota do 95% en España e o 61% no mundo, lanza Knol, unha enciclopedia electrónica. O proxecto, que está aínda en fase de depuración, competirá con Wikipedia pola atención da curiosidade insaciable dos internautas.
Knol é a forma curta de knowledge -coñecemento, en inglés-, é o nome do proxecto e tamén de cada unha das entradas. Xa hai varios centos de knols.
O centro, que formará parte do Centro Tecnolóxico do
Naval de Galicia, prestará servizos ao
empresariado galego nun dos sectores industriais máis importantes de galicia.
Ao acto de presentación asistiron o Presidente e o Secretario do colexio, que
aproveitaron o evento para debater con diferentes membros do contorno
institucional, académico e científico.
A Junta de Andalucía realizará unha cesión indefinida e sen cargo para a Xunta de Galicia co compromiso de dirixir actuacións encamiñadas a
achegar a administración electrónica.
Esta nova obra virtual está na súa fase beta 1.0 e xa ofrece máis de
200.000 entradas actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías,
material didáctico para profesores e alumnos, ademais de varios xogos e
concurso.