V Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Logotipo da V Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Presentación

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) constituiuse en decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional con personalidade xurídica propia que se rexe pola normativa vixente na materia e polos seus estatutos.

Cunha estrutura interna democrática e independente das administracións públicas, o colexio agrupa obrigatoriamente a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolvan actividades propias da profesión en Galicia.

Na actualidade o CPEIG suma preto de 350 colexiadas e colexiados.

O galardón como recoñecemento

Por quinto ano consecutivo, o colexio outorgará os seus premios dentro da V Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. A través de distintas categorías, as colexiadas e colexiados recoñecerán aquelas iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática:

  • Premio Proxecto Fin de Carreira. será coñecido durante o presente mes de setembro.

  • Premio á Traxectoria Profesional ao enxeñeiro informático Roberto Baratta, responsable de seguridade de NovaGalicia Banco e CISO 2012.

  • Premio Ada Byron a enxeñeira e doutora en informática Susana Ladra, galardoada co Primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira de Enxeñaría Informática do Ministerio de Educación, co Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade da Coruña e co Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información.
  • Premio Iniciativa Empresarial SetPay, pola sua solución que se basea nos cobros con tarxetas desde o mobil. É o unico sistema en España que adopta validación por PIN.

  • Premio Iniciativa da Administración. Deputación Pontevedra, polo seu proceso de modernización tecnolóxica no que se enmarcan diversas accións que melloran a calidade de vida da poboación a través do uso das novas tecnoloxías.

  • Premio Iniciativa Emprendedora. Proxecto "Rede de escolas na nube", orientado a proporcionar servizos de computación cloud para mellorar a aprendizaxe e a colaboración na escola rural.

  • Mención especial para a Asociación PuntoGal: pola recente consecución do dominio .gal, que representa un decidido impulso para a difusión e coñecemento da lingua e cultura de Galicia.

Agás no caso da persoa premiada co galardón ao Proxecto Fin de Carreira, os demais recibirán unha estatuíña sen dotación económica. 

Desenvolvemento do acto

A Quinta Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia terá lugar o vindeiro día 4 de outubro, ás 20.15h, no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.

Ao evento están convidados diversas personalidades da Administración Pública e do ámbito universitario, entre outras.

Actuará como presentador do acto o mentalista Javier Luxor.

Patrocinios e colaboracións

Está previsto que preto de douscentos cincuenta colexiadas e colexiados asistan ao acto.

Para a organización do evento, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia agradece a colaboración das diversas empresas e institucións galegas que operan no eido das novas tecnoloxías.

Co convencemento de que o apoio ao colexio e ás súas actividades representa un pulo á profesión, o CPEIG ofrece a posibilidade de participar na celebración da gala como entidades patrocinadoras ou colaboradoras mediante a formalización dun acordo. 

A colaboración económica terá como contraprestación para a entidade a situación dun representante seu nun lugar destacado durante a cea e a presenza do logotipo en todo o material divulgativo que se realice con motivo do evento, ademais da mención do nome da entidade como patrocinadora nos comunicados de prensa que se lles remitan aos medios de comunicación. As situacións do comensal e da imaxe da entidade patrocinadora serán acordes coa categoría do patrocinio.

Establécense as seguintes categorías de patrocinio:

  • Ouro (3.000 euros). A entidade patrocinadora terá dereito a seis convites individuais para asistir á gala e á entrega dun dos galardóns.

  • Prata (1.500 euros). A entidade patrocinadora terá dereito a catro convites individuais para asistir á gala.

Asistencia ao acto

Para asistir e necesario cubrir o seguinte formulario até o mercores 2 de outubro.

O coste da asistencia o evento é o seguinte:

  • Membros colexiadas/os, precolexiadas/os do CPEIG: 20€
  • NON colexiadas/os, precolexiadas/os que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación: 20
  • NON colexiadas/os: 200€

Os membros colexiadas/os, precolexiadas/os, e aqueles con compromiso de colexiación ou precolexiación poderán levar un acompañante, sen coste adicional

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 2 de octubro na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome da/do asistente ao evento.

Dado que o aforo do evento é limitado, aplicaranse os seguintes criterios de preferencia:

  • Membros colexiados/as do CPEIG.
  • Persoas NON colexiadas.
  • Data e hora da inscrición.

Aloxamento

Aqueles/as colexiados/as que desexen aloxarse o día do evento no Hotel Monumento San Francisco contarán cun desconto do 10% sobre a tarifa vixente en aloxamento.

Asemesmo, o CPEIG tamen ten convenios cos hoteis Puerta del Camino e NH (este último queda moi preto do Hotel Monumento San Francisco).