O traballo, que inclúe a realización dunha enquisa, realízase en
colaboración cos colexios profesionais de enxeñaría e enxeñaría técnica en informática
de Galicia e a ACSUG.
As dúas entidades
expuxeron as súas actividades e obxectivos, así como a
inquedanza ante as últimas novas aparecidas en distintos
medios de comunicación sobre a situación laboral no
sector.
Á reunión de traballo asistiron representantes de Universidade de Vigo,
CPEIG, CPETIG, Tecnocom, Vodafone España, Microsoft, Edisa, Coren,
Grupo PSA, Sergas, MRF e R.
O presidente do colexio, Fernando Suárez, e o vicepresidente, Hernán
Vila, mantiveron unha reunión coa dirección da Tecnocom na cal se
presentou o colexio ante esta empresa do sector TIC.