Seguro de responsabilidade civil

Imaxe representativa da XustizaDurante a Asemblea Xeral Ordinaria do colexio celebrada o pasado 13 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela, foi aprobada unha partida orzamentaria para a contratación dun seguro de responsabilidade civil no que o colexio figurará como tomador do seguro e cada colexiado/a individual como asegurado/a.

Por este motivo, o devandito seguro non suporá custe adicional para o/a colexiado/a, e dicir, a prima do seguro estará incluída na actual cota de colexiación.

Así mesmo, o colexio, na súa Xunta de Goberno do 19 de decembro de 2008, acordou que este seguro deberá ser universal, e por tanto obrigatorio, a todos os/as colexiados/as do CPEIG, obrigatoriedade que se presentará á sociedade como un valor engadido dos/das seus/súas profesionais.

O seguro de responsabilidade civil conta con diferentes opcións de covertura. Tal e como xa se indicou anteriormente a opción básica é obrigatoria. Porén, aqueles/as colexiados/as que o desexen, poden ampliar o límite da cobertura básica asegurada marcando algunha das opcións que se indican a tal efecto no formulario de adhesión ao seguro.

No caso de realizarse unha ampliación da covertura é importante sinalar que a prima indicada para cada unha das opcións dentro do formulario de adhesión ao seguro aplícase a maiores da básica. De ser este o caso, o colexio remitirá anualmente un recibo bancario para o cobro da diferenza.

Para unha maior información sobre as coberturas e funcionamento e posible consultar as condicións particulares, anexos e condicións especiais do seguro no sitio web do colexio. Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co colexio a través do seu sitio web.