Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Arrinca unha nova edición do curso de Peritaxes e Informática Forense
Por admin
Creado 20/11/2009 - 12:00

Este venres 20 de novembro comezou no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela unha nova edición deste curso, que nesta ocasión amplíase a catro xornadas.

Momento do inicio do Curso de Peritaxes e Informática Forense 2009 (1)Momento do inicio do Curso de Peritaxes e Informática Forense 2009 (2)

Nesta edición a última é gratuíta para os membros do COP e para aqueles/las colexiados/as que se comprometeron a formar parte deste corpo. Tamén se sube un chanzo na calidade de contidos e relatores.

Ao mesmo están convocados os/as profesionas da Enxeñaría en Informática e da Enxeñaría Técnica en Informática.

Para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP) [1] do colexio é preciso ter asistido a este curso ou ben a algunha edición anterior realizada polo CPEIG ou pola AEIG, ou convalidar un curso doutro organismo, tal e como se recolle na Directriz 1005.1 [2] do colexio.


URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/934

Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/node/895
[2] http://www.cpeig.org/portal/node/833