O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no segundo sábado do mes de xuño.
Na convocatoria oficial das asembleas poderá atopar a xustificación das mesmas, as ordes do día.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Convocatoria oficial das Asembleas Xerais 2009 [descargar [1]]
A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Decreto 112/2008, do 15 de maio, polo que se aproban os Estatutos do CPEIG [descargar] [2]
Estatutos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (2008) (Galego) [descargar] [3]
Estatutos del Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (2008) (Castelán) [descargar] [4]
Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar [5]]
No ano 2008 celebráronse dúas asembleas xerais das cales é precisa a aprobación das súas actas.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Acta da Asemblea Xeral extraordinaria 2008 (AX-2008/01) [descargar [6]]
Acta da Asemblea Xeral ordinaria 2008 (AX-2008/02) [descargar [7]]
Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Memoria anual de actividades [descargar [8]]
A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Contas do exercicio 2008 [descargar [9]]
Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2009 e as cotas de colexiación.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Orzamentos e cotas previstas para o ano 2009 [descargar [10]]
O estatutos do colexio establecen a obrigatoriedade de que os/as colexiados/as compran coas normas deontolóxicas. Dado que estas normas non están definidas formalmente, é intención da Xunta de Goberno que durante a Asemblea Xeral 2009 se aprobe un código deontolóxico que estableza este marco normativo.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Os estatutos do colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión. Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno.
Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/813
[2] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/791
[3] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/792
[4] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/828
[5] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/815
[6] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/817
[7] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/818
[8] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/819
[9] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/820
[10] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/821
[11] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/823
[12] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/824
[13] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/825