Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Aprobada por unanimidade a Toma en Consideración das Proposicións de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios
Por admin
Creado 26/05/2009 - 21:47

Todos os Grupos Parlamentarios votaron a favor da Toma en Consideración das Proposicións de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros en Informática.

León á entrada do Congreso dos DeputadosO Comité para a Creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñeiros en Informática (CCII) e os Colexios que o constitúen felicítanse pola toma en consideración das proposicións de Lei de Creación do Consello Xeral [1] obxecto da súa constitución, o que se traduce no comezo do trámite parlamentario.

Os diferentes Colexios Profesionais de ámbito autonómico, ao tempo que agradecen aos distintos grupos parlamentarios o seu apoio e compromiso inequívocos, queren significar o carácter unánime da citada toma en consideración, o que ratifica a especial importancia da Enxeñaría Informática na sociedade actual, e a súa consideración como profesión estratéxica para o desenvolvemento do novo modelo económico baseado no coñecemento, medida esta deseñada polo Goberno para atallar a difícil conxuntura económica actual. [2]

Dende estes momentos, tanto o CCII como os colexios profesionais aos que representa desexan ratificar a colaboración que viñeron ofrecendo ao longo dos últimos meses na elaboración das diferentes propostas, e non dubidan que a definitiva aprobación desta Lei, así como a creación do Consello e con iso a participación dos profesionais da Enxeñaría Informática nos ámbitos nacional e internacional axudarán a situar o país nas posicións de cabeza en termos de desenvolvemento da sociedade da información e o coñecemento.

As intervencións dos diferentes grupos parlamentarios en relación coas Proposicións de Lei [3] foron as seguintes:

  • PSOE (Parte 1) [4]

  • PSOE (Parte 2) [5]

  • PP (Parte 1) [6]

  • PP (Parte 2) [7]

  • BNG [8]

  • ERC [9]

     

  • PNV [10]

  • CiU [11]

AdxuntoTamaño
diario_sesion_congreso_20090526.pdf [12]423.14 KB

URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/807

Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/802
[2] http://www.youtube.com/watch?v=s66-HGm_7-Y
[3] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/802
[4] http://www.youtube.com/watch?v=_tm4-mpUkWw
[5] http://www.youtube.com/watch?v=gT0hKET-dko
[6] http://www.youtube.com/watch?v=un3P2aXFrRg
[7] http://www.youtube.com/watch?v=j78yx7oOqKs
[8] http://www.youtube.com/watch?v=vPd4DYRETYg
[9] http://www.youtube.com/watch?v=kX_lF-jpV0U
[10] http://www.youtube.com/watch?v=DTl62gVIJiQ
[11] http://www.youtube.com/watch?v=s66-HGm_7-Y
[12] http://www.cpeig.org/portal/system/files/268/807/diario_sesion_congreso_20090526.pdf