Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
O hipersector TIC tivo un crecemento cero en 2008
Por admin
Creado 21/04/2009 - 23:00

Fonte: 
vnunet.es [1]

A electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións facturaron en 2008 uns 102.600 millóns de euros, practicamente o mesmo que o ano anterior.

Segundo o informe anual da Asociación de Empresas de Electrónica, Imaxe que representa ás tecnoloxías da informaciónTecnoloxías de información e Telecomunicacións de España (AETIC [2]), o hipersector TIC (o que unifica a electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións) facturou en 2008 practicamente o mesmo que en 2007, é dicir, rexistrou un crecemento cero que non se daba dende 1992.

Como publica Channel Insider [3], o estancamento deste segmento do mercado débese a caída do 15% producida na electrónica de consumo. O motivo, segundo Jesús Banegas, presidente de AETICl, foi que "a transición dende os raios catódicos ata as pantallas planas xa está esgotada", xunto coa propia madureza do mercado dos DVD e das cámaras dixitais. A pesar de todo, a asociación sinalou que o futuro deste subsector se enfoca na TDT e na radio dixital.

Non obstante, as Tecnoloxías da Información foi o segmento que máis creceu en 2008 (un 4% respecto ao ano anterior), o que supuxo o 17% do hipersector TIC. Nesta rama, os servizos informáticos foron os que lograron os maiores ingresos, seguidos do hardware.

Os servizos de Telecomunicacións creceron un 1%, xerando o 44% dos ingresos totais do hipersector, sobre todo avalado pola venda de móbiles.

"Tocaremos fondo, recuperarémonos e teremos un papel fundamental porque é un dos sectores máis importantes da economía e cunha grande enerxía potencial para seguir crecendo", dixo Banegas.

O directivo apelou ao Goberno para lograr máis axudas de carácter regulatorio por parte das institucións, como as medidas para incentivar o investimento privado e o funcionamento correcto do Plan Avanza.


URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/751

Enlaces:
[1] http://www.vnunet.es/es/vnunet/news/2009/04/22/el_hipersector_tic_tuvo_un_crecimiento_cero_en_2008
[2] http://www.aetic.es/
[3] http://www.channelinsider.es/es/noticias/2009/04/22/el_hipersector_de_las_tic_se_estanco_en_2008