Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Informática e Dereito buscan ir da man para satisfacer a seguridade do consumidor
Por admin
Creado 16/04/2009 - 21:52

Fonte: 
La Voz de Galicia [1]

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, destacou a necesidade de achegar á sociedade a informática "dende a confianza e a seguridade" e pediu que se habiliten máis peritos informáticos.

Momento da inauguración das Xornadas "Informática e legalidade 2009"Se Internet e o Dereito ás veces parecen incompatibles, a sociedade demanda protección. A isto van dedicadas as primeiras xornadas de Informática e legalidade que dende onte se celebran no campus, incluíndo os días 22 e 29. O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Enrique Barreiro, dixo que no novo plan de estudos a carreira terá unha materia de fundamentos éticos e xurídicos das novas tecnoloxías. Alertou de que a xente «descoñece ata que punto pode deixar pegadas na Rede. Non somos conscientes ata que punto saben cousas de nós». De igual modo sinalou non ter claro se é ilegal descargar arquivos de copyright «sen ánimo de lucro».

O vicereitor Juan Francisco Gálvez, enxeñeiro informático, dixo que Internet non é anárquico «porque fan falta regras do xogo» e pediu os xuristas «un esforzo importante para adaptarse á realidade». Sobre protección de datos dixo que esta Escola cumpre non publicando as notas dos alumnos no taboleiro.


URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/740

Enlaces:
[1] http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/16/0003_7655024.htm