O estudo acude directamente ao texto da licenza para apuntar as cuestións máis relevantes analizaciando cláusula a cláusula a licenza GPL v3 para poñela en relación coa normativa sobre dereitos de autor española. Así mesmo, tamén se resumen as cesións de dereitos de propiedade intelectual que o autor do programa concede cando utiliza outro tipo de licenzas Opensource, xa que non todo é GPL.
O estudo pode ser de utilidade para entender as compatibilidades entre a licenza GPL e outros tipos de licenzas "abertas" e porque, partindo da análise realizada sobre a licenza GPL, se pode aplicar analoxicamente a devandita análise a estas outras licenzas.
O documento PDF co estudo está dispoñible públicamente para descarga [2].
Enlaces:
[1] http://ictnet.es/2009/estudio-sobre-la-licencia-gpl-v3-y-otras-licencias-opensource
[2] http://www.sanchez-crespo.com/archivo/software-libre/EstudioGPLV2.pdf/view