Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
El Defensor del Pueblo admite a trámite a queixa interposta polo colexio sobre a regulación da Enxeñaría en Informática
Por admin
Creado 15/02/2009 - 20:14

O CPEIG interpuxo unha queixa no Defensor del Pueblo sobre discriminación que sofre a Enxeñaría en Informática en relación coas demáis enxeñarías.

El Defensor del Pueblo respondeu ao CPEIGLogo de El Defensor del Pueblo indicando o seguinte:

"[...] Unha vez estudada a súa queixa, tal e como se lle indicou no acuse de recibo no seu día enviado, procede admitila a trámite ao entender que reúne os requisitos establecidos no artigo 54 da Constitución [...]

En consecuencia, inícianse as actuacións oportunas coa Vicepresidencia do Goberno [...]

Non obstante ao anterior, debemos informarlle de que nesta Institución temos aberta desde o mes de novembro de 2007 unha queixa de contido similar á do seu escrito sin que desde o Ministerio de Industria nin desde Vicepresidencia do Goberno se dese resposta algunha á solicitude de información que se lles solicitou.

Ademáis, en relación con queixas de titulados en outras enxeñarías -química, electrónica,etc.- que formularon problemas similares aos expostos por vostede, e que se tramitaron por El Defensor del Pueblo durante anos, concluiuse que ningún departamento se consideraba competente para adoptar a iniciativa da regulación [...]"

Ao remate deste artigo pode descargase a resposta completa.

AdxuntoTamaño
resposta_defensor_pueblo.pdf [1]353.08 KB

URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/632

Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/system/files/261/632/resposta_defensor_pueblo.pdf