O CPEIG contou co apoio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a organización deste evento.
A xornada realizouse o día 13 de decembro, ao amparo dun convenio de
colaboración coa Consellería de Innovación e Industria.
Unha das conclusións da xornada foi o deficiente soporte do dni-e sobre plataformas gnu-linux.
O secretario do colexio, Juan Valiño, referiuse na súa intervención á grande aplicación que ten a certificación dixital e a firma electrónica na administración electrónica e que a súa implantación pode ser comparada coa aparición das tarxetas de crédito no eido da banca.
Os asistentes ó evento
tiveron a oportunidade de coñecer conceptos xerais sobre sinatura electrónica e
tarxetas de cifrado, o estado do arte actual da tecnología de sinatura electrónica.
Tamén realizouse unha sesión práctica do uso de tarxetas de cifrado sobre
plataformas Microsoft Windows e GNU/Linux. Os conceptos de certificación e
sinatura dixital correron a cargo da poñente Paz Cariñena Amigo e a sesión práctica
realizouna Gonzalo Mateo Sixto, ambos da empresa Bahia Software.