Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Preséntase un recurso contra unha resolución da Administración Valenciana que discrimina os Enxeñeiros en Informática nas prazas
Por admin
Creado 18/11/2008 - 20:10

Fonte: 
Actualidad COIICV [1]

O recurso pretende a modificación de algúns postos de traballo públicos por considerar que esta supón un prexuízo para os Enxeñeiros en Informática e un privilexio para os Enxeñeiros en Telecomunicacións.

 

Logotipo Colegio Profesional de Ingenieria en Informática de la Comunidad Valenciana (COIICV)O recurso denuncia a situación de discriminación dos Enxeñeiros en Informática fronte aos Enxeñeiros en Telecomunicación tras a resolución do Director Xeral de Administración Autonómica pola que se modifican certos postos informáticos (expediente Human 1 288373/288374-CMDP) .

A resolución elimina a titulación Informática como requisito expreso para as prazas de Enxeñeiros Informático de Grupo A, mentres que se inclúe explicitamente a titulación de telecomunicacións como requisito para acceder a ese tipo de prazas.

Deste modo, un titulado Enxeñeiro de Telecomunicación que ocupe unha praza na Generalitat pódese presentar a un concurso para os postos "Analista de Sistemas Físicos" e "Técnico de Sistemas Físicos", mentres que non podería facelo un Enxeñeiro Informático. Isto supón que un Enxeñeiro en Telecomunicación adquiriría a "condición" de Informático de Grupo A, o que lle permitiría acceder a concurso de prazas de "Técnico de Sistemas Lóxicos" e "Analista de Sistemas Lóxicos", ás cales non podería acceder coa súa titulación.

O recurso de reposición presentado solicita deixar sen efecto a clasificación levado a cabo "de forma arbitraria e con efectos invalidantes no procedemento e sen ter en conta as verdadeiras funcións do persoal afectado", e pide que se leve a cabo unha modificación "máis lóxica, racional e acorde ás funcións para o desempeño dos postos.


URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/542

Enlaces:
[1] http://www.coiicv.org/ficha_de_eventos.html?cnt_id=2278