Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun curso de Base de Datos Oracle 10g. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.
O curso está organizado polo CPEIG, e cofinanciado pola Consellaría de Traballo e o Fondo Social Europeo. Polo seu caracter, será gratuíto e está destinado a enxeñeiros/as e licenciados/as en informática laboralmente en activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).
Terá unha duración de 30 horas, ás que se engadirán 5 horas do módulo de igualdade. Impartirase nos seguintes lugares e co seguinte calendario:
Sesión única o venres 26 de setembro, en horario de 16:30 a 21:30. Impartirase no salón Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Repartirase en 6 sesións:
O prazo de preinscrición deste curso rematou o domingo 14 de setembro.
A admisión no curso, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles, realizarase por rigoroso orde de solicitude de pre-inscripción.
O prazo de confirmación de asistencia a este curso rematou o domingo 21 de setembro.
Como parte do material docente incluído no curso, farase entrega do libro de Kevin Loney e Bob Bryla titulado "Oracle Database 10g. DBA Handbook" de MacGraw Hill/Osborne, 2004 (valorado en 30€).
Como é habitual nestes eventos, fica a disposición dos/das colexiados/as a posibilidade de que o colexio xestione reserva de hotel en condicións de convenio para aqueles colexiados que desexen aloxamento. Para información ou reservas pode contactar coa Comisión de Formación [1].
No arquivo xunto ao final deste documento poden atoparse todos os detalles sobre o contido do curso.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| programacion_curso_oracle.pdf [2] | 277.25 KB |
Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/portal/contact/Comisi%C3%B3n_de_Formaci%C3%B3n
[2] http://www.cpeig.org/portal/system/files/120/457/programacion_curso_oracle.pdf