Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Madrid acollerá o próximo 25 de setembro o 'Día do programador' de Google
Por admin
Creado 29/07/2008 - 13:04

Fonte: 
ADN [1]
É a primeira vez que unha cidade española acolle esta convención internacional de desenvolvedores.

Logotipo de GoogleMadrid acollerá o próximo 25 de setembro o 'Día do programador' de Google, unha actividade organizada pola compañía norteamericana que inclúe coloquios, conferencias e talleres de programación, entre outras actividades.

Os responsables de Google elixiron por primeira vez unha cidade española para acoller a este evento, que xa se celebrou en nove ocasións.

A compañía asegura que o 'Día do programador' facilitará a interacción entre programadores locais e permitirá o desenvolvemento de diversas aplicacións.

Este evento reunirá enxeñeiros e especialistas de produto co obxectivo de mellorar o funcionamento da web e, á súa vez, estará enfocado no emprego das redes sociais, segundo informou nun comunicado.


URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/448

Enlaces:
[1] http://www.adn.es/tecnologia/20080729/NWS-0262-google-programacion.html