O portal do colexio ofrece aos seus colexiados
e colexiadas unha bolsa de emprego. Esta bolsa é coherente coas
ideas do colexio en canto a que as ofertas publicitadas deberán ser
adecuadas á entidade e os coñecementos dos enxeñeiros e enxeñeiras
en informática.
A bolsa de emprego ten por tanto un dobre obxectivo. Por unha banda é un servizo máis para os colexiados e colexiadas. Pola outra, serve como medio de promoción das figuras do enxeñeiro e da enxeñeira en informática no ámbito empresarial.
Se desexa remitir unha oferta á bolsa de emprego do colexio pode utilizar o formulario electrónico de envío de ofertas de emprego [1].
A bolsa de emprego é un servizo que unicamente se ofrece aos membros colexiados. Para recibir as ofertas de emprego debe suscribirse á lista de correo de ofertas de emprego. Pare elo prema no enlace "a miña conta" que se atopa na barra de menú superior, dentro do seu perfil seleccione a pestana "Editar" e faga click no botón "listas de correo".
Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/449