A Consellaría de Innovación e Industria promocionará o uso do Software Libre entre o colectivo de traballadores autónomos galegos, subvencionando a adquisición de ordenadores persoais con ferramentas de tecnoloxía aberta, especialmente no referente ás aplicacións ofimáticas e de acceso á internet (Linux, Firefox e OpenOffice).
Con esta medida, dotada cun orzamento próximo a un 1,7 milóns de euros, o goberno galego quere incrementar a presenza das tecnoloxías abertas entre o tecido empresarial galego como forma viable para o seu desenvolvemento sostible. A iniciativa enmárcase dentro das estratexias operativas do PEGSI 2007-2010, deseñado pola Consellaría de Innovación e Industria.
O programa de axudas, previsto para o bienio 2008-2009, convocarase proximamente, unha vez se faga público o listado de de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións.
A este respecto, a solicitude e tramitación de axudas levarase a cabo a través dunha aplicación informática en Internet, co emprego da sinatura dixital e o enlace do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. As entidades colaboradoras realizarán todos os trámites en internet, previa presentación da documentación por parte dos traballadores autónomos interesados.
A axuda acadará o 45% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento deberá incluír como mínimo os seguintes elementos:
Enlaces:
[1] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/innovacion-e-industria-aposta-pola-implantacion-do-swl-entre-o-colectivo-de-autonomos-ga.html