Publicado en: colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia (http://www.cpeig.org/portal)
Condicións especiais do Centro Caixa On de Caixa Galicia

Introdución

Logotipo do Centro On Caixa GaliciaO colexio dispón dun convenio co Centro On Caixa Galicia, organismo que fusiona o mundo virtual, Internet, e as oficinas físicas de Caixa Galicia. O Centro On ofrece aos seus visitantes dous puntos de vista diferentes: o financiero e o sociocultural.

O Centro On Caixa Galicia é un innovador e exclusivo espazo onde o ocio e o negocio van da man grazas ás novas tecnoloxías. Imagínese unha oficina no que ademais de contratar produtos financeiros, poderá asistir e realizar actos culturais innovadores e interesantes. No Centro On ponse a disposición dos/das colexiados/as un amplo abano de servizos que teñen como obxectivo satisfacer as súas necesidades tanto financeiras coma socioculturais:

  • Asesoramento personalizado sobre produtos financeiros (conta corrente, depósitos, préstamos persoais, hipotecas...) sempre nas mellores condicións.
  • Caixeiros con Ingresador de efectivo directo.
  • Zonas de navegación libre por Internet.
  • A bolsa en tempo real na zona de On Broker.
  • Servizo de entrega inmediato de entradas de espectáculos.
  • Cursos de iniciación a Internet e Novas Tecnoloxías.
  • Actos culturais para todas as idades.

No Centro On os/as colexiados/as atoparán os produtos máis competitivos e adaptados a cada cliente: contas e depósitos de alta remuneración con total dispoñibilidade e ofertas de créditos. Todo isto co trato máis personalizado. Os asesores comerciais amosarán como obter o máximo partido aos investimentos e axudaran a realizar as operacións de xeito rápido, sinxelo e con total seguridade a través de Internet. Dende unha simple transferencia ata a solicitude dunha hipoteca.

O Centro On permanece aberto de 09:00 a 18:00 horas, de luns a venres e están dispoñibles nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Características do convenio

O convenio asinado co Centro On Caixa Galicia proporciona aos/ás colexiados/as condicións vantaxosas nos seguintes produtos financeiros:

  • On Cuenta Nómina.
  • Depósito Bienvenida.
  • On Hipoteca Vivienda.
  • On Préstamo Cambio de Hipoteca.
  • Préstamo On Personal Variable.
  • Préstamo On Personal Fijo.
  • Préstamo On Personal Coche Nuevo.

Condicións

Candado medianoEste é un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as. Por elo, é preciso identificarse para poder acceder ás condicións concretas do convenio [1].

Máis información

Pode atoparse máis información a través dos seguintes mecanismos:

  • Sitio web do convenio asinado [2].
  • Teléfono: 902 20 91 66.
  • Enderezo físico: Cantón Pequeno, 9-11, 15003 A Coruña.

URL orixinal: http://www.cpeig.org/portal/node/331

Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/node/913
[2] http://www.caixagalicia.es/wvio004_contenido/esp/pags/wvio004c_portada_informaticos.asp