Poderan darse de alta como pre-colexiadas as persoas que estean cursando os estudos de Enxeñaría en Informática e teñan acadado un mínimo do 80 por cento dos créditos.
Terán todos os dereitos do/da colexiado/a, excepto:
Para pre-colexiarse son necesarios os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Fotocopia compulsada da matrícula nos estudos de Enxeñaría en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, por exemplo a Xunta de Galicia, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
Para contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá contactar cun representante do colexio que cotexará a matrícula en cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de pre-colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede do colexio.
Fotocopia do certificado de académico no cal se reflicta o número de cŕeditos totais da titulación e os créditos superados polo alumno.
Formulario de pre-colexiación cumprimentado e asinado [descargar [4]].
A cota de pre-colexiación é de 30€ semestrais (60€ anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra. Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarse íntegramente.
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 32 baixo Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)Enlaces:
[1] http://www.cpeig.org/portal/contact/cotexo_Coruña
[2] http://www.cpeig.org/portal/contact/cotexo_Ourense
[3] http://www.cpeig.org/portal/contact/cotexo_Santiago
[4] http://www.cpeig.org/portal/portal/node/230