As empresas TIC xeran xa o 2,15% do valor engadido bruto total cun nivel de emprego que medrou un 28,5% no último ano ao pasar dos 11.900 traballadores en 2006 aos 15.300 de finais de 2007. Neste sentido, o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información [2] está a impulsar precisamente unha dinámica propicia para as TIC en Galiza, co obxectivo de converter o país non unicamente en consumidores de bens e servizos, senón tamén en produtores dos mesmos.
Enlaces:
[1] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/noticia/?no_cache=1&tx_ttnews[pointer]=4&tx_ttnews[tt_news]=3356&tx_ttnews[backPid]=208&cHash=82a7580ca2
[2] http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/index.php?txt=pegsi_presentacion&lg=gal