Requisitos para pre-colexiarse
Poderan darse de alta como pre-colexiadas as persoas que estean cursando os estudos de Enxeñaría en Informática e teñan acadado un mínimo do 80 por cento dos créditos.
Dereitos dos/das pre-colexiados/as
Terán todos os dereitos do/da colexiado/a, excepto:
- Posibilidade de participación en órganos de goberno.
- Voto nas asembleas.
- Todos aqueles que para a súa utilización requiran da posesión da titulación e o Colexio poña a disposición dos/das colexiados/as para o desenvolvemento da súa profesión como titulados/as. Todo iso con base ao regulamento interno e ás decisións do goberno do colexio.
Deberes dos/das pre-colexiados/as
- Terán tamén todos os deberes do/da colexiado/a, excepto aqueles relacionados co desenvolvemento da profesión como titulados/as.
- Deberán xustificar anualmente e cando o Colexio o requira a continuidade da situación que o/a habilita como pre-colexiado/a.
- Terán a obriga e notificar, nun prazo dun mes, a baixa da condición que o/a habilita como precolexiado/a
Documentación necesaria
Para pre-colexiarse son necesarios os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Fotocopia compulsada da
matrícula nos estudos de Enxeñaría en
Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de
cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia. O
prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
Para
contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode
utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de
cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá
contactar cun representante do colexio que cotexará a matrícula en
cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para
entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de
pre-colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede
do colexio.
Fotocopia do certificado de académico no cal se reflicta o número de cŕeditos totais da titulación e os créditos superados polo alumno.
- Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante
da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4
para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e
10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento
bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web,
fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar
este documento.
Formulario de pre-colexiación cumprimentado
e asinado [descargar].
Cotas de pre-colexiación
A cota de pre-colexiación é de 30€ semestrais (60€ anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra.
Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se
produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarse íntegramente.
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de
xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano
2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.
Onde entregar ou remitir a documentación
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa
Fernando III O Santo 32 baixo
Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553
997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)