A Federación de Autónomos de Galicia premia a Antonio Giz Paz, colexiado do CPEIG, co galardón a autónomo do ano

O galardón enmárcase dentro da Feira de Mostras de Lugo, que pretende ser un grande escaparate de produtos e servizos, punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores e aberto ao público en xeral

Logotipo da federación de autónomos de GaliciaO galardón entrégase a Antonio Giz Paz por ser un mozo emprendedor, Enxeñeiro en Informática, incorporado ao grupo das empresas familiares capitaneado dende INTERDIX GALICIA SL dedicadas a Internet, que lideran os portais web de Galicia, mantendo así a continuidade no negocio.