O presidente do colexio, Fernando Suárez, e o vicepresidente, Hernán
Vila, mantiveron unha reunión coa dirección da Tecnocom na cal se
presentou o colexio ante esta empresa do sector TIC.
Durante o encontro o colexio expuxo a súa postura sobre a contratación de titulados e tituladas, xerándose un debate aberto sobre a formación universitaria, os perfís laborais e a diferenciación respecto outras titulacións.
Formuláronse tamén diversas posibilidades de colaboración, entre as que se poden destacar a bolsa de emprego, a formación recíproca, a definición de perfís laborais ou a participación na definición dos procedementos de visado de proxectos informáticos.



