O CPEIG forma parte do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia

O pasado 11 de febrero tivo lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria do Cluster TIC que pon punto final ao longo e complicado proceso de constitución no que o CPEIG veu traballando desde o primeiro momento como membro da Comisión Promotora.

Para o CPEIG, a consecución deste obxectivo supón a mellor recompensa posible polo Logotipo do Cluster TICesforzo realizado durante todo este tempo, no que foi necesario traballar moi duro para lograr conciliar sensibilidades e superar atrancos de diversa índole. O clúster parte con máis de cen empresas, o que supón a constatación de que o proxecto ten resultado un éxito.

Na devandita Asemblea foi nomeado o novo presidente, Rafael Valcarce Baiget, así como o seu primeiro Comité Estratéxico, do que o CPEIG forma parte xunto con outras empresas, asociacións empresariais e profesionais do sector TIC.

O CPEIG asume deste xeito o reto de seguir traballando por un proxecto polo que apostou desde o primeiro momento, e co convencemento de que o punto de vista dos profesionais titulados aos que representa supón unha aportación indispensable ante os importantes retos que o clúster está a asumir.

Neste senso, o CPEIG entende que, unha vez rematada a fase de constitución, comeza o verdadeiro traballo do Clúster TIC Galicia. Un clúster no que debe estar representada toda a cadea de valor do sector TIC e no que as empresas toman o testigo asumindo o protagonismo que lles corresponde.

Membros do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia:

  • D. Rafael Valcarce Baiget. Presidente
  • D. Ramón María Lois Santos (AETIC-Galicia)Comité estratéxico do Cluster TIC de Galicia
  • D. Jorge Cebreiros Arce (INEO)
  • Dna. Beatriz Legerén Lago (EGANET)
  • D. Ricardo Fernández Fernández (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia)
  • D. Jesús Rodríguez Castro (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia)
  • D. Constantino Fernández Pico (Altia Consultores, S.L.)
  • D. Javier Grandal Bouza (Arteixo Telecom, S.A.)
  • D. José Ramón García González (Blusens Technology)
  • D. Manuel Balseiro López (Coremain, S.L.)
  • D. Antonio Rodríguez del Corral (R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.)
  • D. Gerardo José García Alvela (Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.)
  • D. Santiago Cárdenas Botas (Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.)
  • D. Santiago Rey Requejo (Tredess 2010)
  • D. Gerardo Crespo Riestra, (Gecreri, S.L.)
  • D. Juan Carlos Suárez Cebreiros (Level Telecom, S.L.)
  • D. Sebastián Santiago Area (Ozona Consulting, S.L.)
  • D. José Antonio Román Jiménez, (Sivsa)
  • D. César Blanco Gómez (Academia Postal 3 Vigo, S.L.)
  • D. Víctor López García (AVA Soluciones Tecnológicas, S.L.)
  • Dna. María Luz Castro Pena (Factoría de Software e Multimedia (Imaxin), S.L.)
  • D. Iago Soto Mata (Quobis Networks, S.L.)
  • D. Miguel Ángel Bugarín Pumar (Visual Publinet, S.L.)