Mediante unha carta que apela á necesidade de garantir a profesionalidade do traballo informático nas prazas que convoque a institución.
O Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG),

Fernando Suárez Lorenzo, vén de remitirlle unha carta ao presidente da
Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, na que expresa o desacordo do
colectivo que preside en relación á política de acceso ao emprego que
desenvolve a institución provincial.
Na súa misiva, Suárez Lorenzo lémbralle a Fernández Moreda que o BOP do
pasado 13 de xaneiro publicou as bases para contratar un técnico de xestión de
proxectos para o proxecto europeo Partner-TIC. As funcións que desempeñará o
técnico correspóndense claramente coa Enxeñaría en Informática aínda que as
bases inclúen a posibilidade de que se presenten outras titulacións e mesmo que
os propio enxeñeiros en enxeñeiras en Informática queden excluídos do proceso
de selección.
"Os colexiados do CPEIG
demandámoslle a reserva de prazas específicas para a nosa titulación cando así
o requiran as necesidades da Deputación da Coruña. Só así quedará garantida a
profesionalidade do traballo informático. Pola importancia da actividade, por
razóns de seguridade e responsabilidade, resulta preciso que tales funcións
sexan desempeñadas por profesionais cualificados e especialmente formados a tal
fin", aclara a misiva.
É importante lembrar que un dos obxectivos
prioritarios do CPEIG é conseguir o
acceso á función pública dos enxeñeiros e enxeñeiras en Informática coas mesmas
consideracións có resto das enxeñarías.