Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2009 está prevista a realización dun seminario de Peritaxes e Informática Forense.
Na presente edición o colexio aposta por subir un chanzo tanto na extensión do seminario como na calidade dos contidos e dos/as ponentes. Ampliamos polo tanto a duración do seminario a catro xornadas (dous fins de semana), estando a última xornada aberta de xeito gratuíta para os membros do Corpo Oficial de Peritos (COP) ou para aqueles/las colexiados/as que se comprometan a formalizar a súa pertenza ao COP antes do comezo do curso. O seminario terá lugar no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela nas datas e horarios seguintes:
- Venres 20 de novembro de 17:00 a 21:00
- Sábado 21 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
- Venres 27 de novembro de 17:00 a 21:00
- Sábado 28 de novembro de 9:30 a 13:30
Ao final da actividade formativa entregarase un diploma oficial do colexio acreditativo da asistencia ao seminario.
Poñentes e programa
Venres 20 novembro (17:00 - 21:00)
Cristina Nebot. Avogada e socia de Pintos & Salgado, bufete especializado na aportación de solucións xurídicas no ámbito das novas tecnoloxías.
Sábado 21 novembro (10:00 - 18:00)
Eduard Elías i Vila. Enxeñeiro en Informática. Ex-presidente do Colegio de Ingenieros en Informática de Cataluña e do CCII. Perito informático con ampla experiencia.
Sábado 21 novembro (18:00 - 20:00)
Mesa redonda con Eduard Elías, Juan Otero (Doutor en Informática, Secretario de AEIG, membro da Comisión de Promoción da Profesión do CPEIG e Perito informático), Antón Campos (Enxeñeiro en Informática, membro da Xunta de Goberno da AEIG, vicetesoureiro do CPEIG e perito informático). Moderador: Ángel Fernández Gándara (Enxeñeiro en Informática, vicesecretario do CPEIG e presidente da Comisión de Peritaxes do colexio).
Venres 27 novembro (17:00 - 21:00)
Javier Pagés. Enxeñeiro en Informática, presidente de AI2 (Federación Nacional de Asociaciones de Ingenieros en Informática), membro da executiva do CCII e de varias asociacións entre as que destacan Infoperitos (Grupo de Peritos Informáticos de AI2-Madrid) e ISSA-España (Information Systems Security Association, capítulo Español de ISSA, Asociación Profesional Internacional especializada en la Seguridad de los Sistemas Informáticos). Perito con máis de 10 anos de experiencia e numerosos cursos impartidos.
Sábado 28 de novembro (9:30 -13:30)
- Luis María Uriarte. Avogado. Actualmente é fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra e membro do Consejo Fiscal, órgano de Goberno do Ministerio Público. Autor de distintos libros.
- Antonio Piña Alonso. Xuíz decano de Ourense.
- Mesa redonda moderada por Fernando Suárez (Enxeñeiro en Informática e presidente do CPEIG)
Inscrición
Requisitos
Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión da titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.
Número de prazas
A actividade formativa está prevista para 40 asistentes. As prazas asignaranse segundo os seguintes criterios:
- Os/As colexiados/as teñen preferencia.
- Os titulados/as en Licenciatura/Enxeñaría en Informática teñen preferencia.
- Data de envío da solicitude de inscrición.
Para a xornada aberta aos/ás membros do Corpo Oficial de Peritos (COP) e para aqueles/las colexiados/as que se comprometan a formalizar a súa pertenza ao COP antes do comezo do curso, existirán 40 prazas adicionais que se asignarán en función dos seguintes criterios:
- Membros do Corpo Oficial de Peritos.
- Colexiados/as que se comprometan a formalizar a súa pertenza ao COP antes do comezo do curso.
- Data de envío da solicitude de inscrición.
Cota de inscrición
O importe da cota de inscrición é o seguinte:
- Membros colexiados/as do CPEIG: 145€
- NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*)(**): 145€
- NON colexiados/as: 250€
O xantar do sábado 21 de novembro e os cafés da pausa e a comida están incluídas na cota de inscrición do curso.
Os/as membros do Corpo Oficial de Peritos (COP) e os/as colexiados/as que se comprometan a formalizar a súa pertenza ao COP antes do comezo do curso poderán asistir de forma gratuita á xornada do 28 de novembro sempre e cando realicen a correspondente preinscrición nesta modalidade. Os/as colexiados/as que se comprometan a formalizar a súa pertenza no COP deberán verificar previamente que cumpren cos requisitos recollidos na Directriz 1005.1 (**)
(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación, a cal se formalizará o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
(**) O incumprimento do compromiso de colexiación implicará aboar a cota de "NON colexiados/as". O incumprimento do compromiso de formalizar a pertenza ao COP implicará aboar a cota do curso para "Membros colexiados/as do CPEIG".
Procedemento de inscrición
O prazo de preinscrición neste curso está pechado.
Todas aquelas persoas que forman parte da lista de admitidos/as deben lembrar
que a data límite para facer efectiva a inscrición, realizando o
ingreso da cota na conta corrente indicada máis abaixo, será o venres 6
de novembro ás 23.00 h.
A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao
curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no
caso da non asistencia da persoa admitida no curso.
Número de conta corrente
A cota de inscrición deberá ingresarse na seguinte conta corrente de "la Caixa":
2100-2954-75-0200085712
No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do/a asistente ao curso.
Requisitos complementarios
Na primeira sesión do curso será precisa a identificación dos/das
alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.
Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida para a colexiación.
Aquelas
persoas non colexiadas que non asumisen o
compromiso de colexiación/precolexiación deberán presentar na primeira
sesión do curso unha fotocopia do título de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática, así como o orixinal para cotexar.
Será preciso ter asistido ao 75% das horas lectivas do curso. Ao
remate do mesmo farase entrega dun diploma acreditativo a cada alumno/a.
Aloxamento
Para aqueles/as asistentes que o desexen, existirá a posibilidade de pernota na cidade de Santiago de Compostela nas noites da fin semana do curso a través do convenio asinado co Hotel Puerta del Camino. Os detalles deste convenio poden atoparse na sección de servizos do portal do CPEIG.
Corpo Oficial de Peritos
É preciso lembrar a todos os/as colexiados/as que para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP) será preciso ter asistido a este curso ou ben ter asistido a algunha edición anterior realizada polo CPEIG ou pola AEIG, ou convalidar un curso doutro organismo, tal e como se recolle na Directriz 1005.1.