A actividade realizarase o venres 6 de novembro as 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. A entrada ao seminario será libre.
Entre outros contidos, no
seminario introduciranse unhas nocións básicas sobre
recuperación de información e describiranse as principais características
dos buscadores de Internet máis coñecidos (arquitectura, operadores). Así mesmo, presentarase a busca
dende a perspectiva do/a usuario/a, abordando problemas da linguaxe usada e
da propia Internet, proporcionando diferentes consellos para
mellorar o posicionamento dunha páxina web nos buscadores.
O relator do seminario sera o doutor José Angel Olivas Varela. As súas principais liñas de investigación actuais son o uso de técnicas de Soft Computing para a Recuperación de Información e as aplicacións en Enxeñaría do Coñecemento.
Na páxina informativa do seminario é posible atopar toda a información sobre o mesmo.