No panel participaron membros da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, Arantia, 2mares, INEO, EGANET, COETG e do CPEIG.
O CPEIG participou nun panel de escoita do
Observatorio da Situación da Lingua Galega, organizado pola Secretaría
Xeral de Política Lingüística e que se celebrou no Hotel Porta do
Camiño de Santiago de Compostela.
Durante o desenvolvemento do panel, en formato de debate moderado de tres horas
de duración, os participantes expuxeron a súa visión sobre a situación
da lingua galega nas TIC.