Introdución
Este documento describe as condicións especiais que o Talaso Hotel Louxo La Toja proporciona aos/ás
colexiados/as en virtude dun convenio asinado co CPEIG.
Condicións
- Aloxamento.
- Almorzo.
- Rapaces gratis ata os 12 anos en réxime só de aloxamento.
- Cocktail de benvida.
- Entradas ao Casino La Toja.
- Sesión diaria de Talaso que consiste nun percorrido pola piscina dinámica de auga de mar climatizada, chorros contracorrente, fervenza de auga, pescozos de cisne, sauna, jacuzzi, hamman e ximnasion.
Tarifas
- As tarifas indicadas spor persoa en habitación dobre son as seguintes:
- Do 1/03 a 30/06 e do 01/09 a 30/12: 40,00 € + 7% IVE.
- Do 01/07 a 31/08: 71,00€ + 7% IVE.
- 5% de desconto en calquera evento familiar como bodas, bautizos e comunións.
As tarifas anteriores non son de aplicación en Semana Santa e Festas especiais do hotel.
Tarifas especiais
Durante o ano 2009 están dispoñibles dúas tarifas especiais "Traballo e Relax":
- Salón de reunións con servizo de auga, wifi, fax, fotocopiadora, coffee break, almorzo de traballo e sesión de talaso. 34 € + 7% IVE.
- Habitación dobre de uso individual, almorzo buffet, salón de reunións (con servizo de auga, wifi, fax, fotocopiadora, coffee break, pantalla e flipchart), almorzo ou cea traballo, sesión de talaso e habitación dispoñible ata as 18:00. 79€ + 7% IVE.