Sen un mando cibernético único, ao estilo británico e
estadounidense, distintos CERT e tres ministerios teñen competencias na
materia. O Senado encargou a elaboración dun plan estratéxico de
seguridad.
Neil Thompson é o primeiro xefe británico da ciberseguridade. El recrutará ex hackers
para reconvertelos en axentes do ciberespacio. Quen é o xefe da
ciberseguridade en España? Como está organizado o país ante un ataque
deste
tipo?.
Interior, responsable da seguridade do Estado, "non se formulou" crear un cargo cuxo labor sexa protexer o país da espionaxe electrónica
e de ataques cibernéticos, malia que España é un dos paises con máis
ataques recibidos (192.921 ao peche desta edición),e Madrid a primeira cidade por alertas de risco, segundo Interoute.
Tampouco
hai unha única axencia encargada de protexer as redes e tecnoloxías da
información (NIS, en inglés), segundo a axencia europea ENISA. Entón,
quen protexe as infraestruturas tecnolóxicas en España? Por un lado, os
Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información (CERT, en
inglés). Hai seis, tres de ámbito nacional. Polo outro, o Centro
Nacional de Protección das Infraestruturas Críticas (CNPIC).
En xuño, o Senado pediu ao Goberno que mellore a seguridade do ciberespacio, aproveitando a presidencia española da UE. Tamén encargou ao CNCSS, organismo
que agrupa a empresas de seguridade, que elabore o Plan Estratéxico de
Seguridade. O presidente de CNCSS e director de Panda, Juan Santana,
di: "Hai iniciativas, públicas e privadas, e protocolos, pero falta un
marco de actuación común con obxectivos claros e medibles".Estados
Unidos e Corea do Sur sufriron un ataque de denegación de servizo
(DDoS) a principios de mes. A páxina da Casa Branca, entre outros
sitios gobernamentais e comerciais, foi inaccesible durante varios
días. Non é a primeira nin a última ofensiva. Espionaxe electrónica e
guerra cibernética están á orde do día. Ata Javier Solana,
representante para a Política Exterior da UE, admite que foi ciberespiado por unha potencia.
España
non é allea a un fenómeno que, segundo o presidente estadounidense,
Barack Obama, non orixinan "uns poucos extremistas suicidas, senón
simples combinacións de teclas de ordenador, unha arma de
desorganización masiva,". O barómetro de seguridade de Interoute, que
mide os ataques en tempo real, mostra que España é xunto a Grande
bretaña o país máis ciberatacado do mundo.
Ninguén está 100%
protexido. O ataque pode existir aínda que non sexa público e pode
existir sen que ninguén se decate, que é máis grave", opina Juan
Santana, conselleiro delegado de Panda Security e presidente do
Consello Nacional Consultivo sobre Ciberseguridade (CNCCS).
Este organismo, ao que o Senado pediu consello, propón a creación do cibertsar
"que dependa de presidencia do Goberno, e que teña o criterio, a
autoridade e o presuposto para desenvolver o plan estratéxico de
ciberseguridade".
Santana engade: "dende o punto de vista
gobernamental, non hai un responsable claro que xunte todos os
esforzos, senón que as competencias están repartidas". As tarefas están
divididas entre organismos dos ministerios de Industria, Interior e
Defensa.
En 2007 creouse o plan para protexer as
infraestruturas críticas, unhas 3.500, do ámbito das telecomunicacións,
enerxía, transportes, auga e alimentos. Da súa coordinación encárgase o
Centro Nacional de Protección de Infraestruturas Críticas (CNPIC),
dirixido actualmente por un garda civil, que rende contas ante Antonio
Camacho, secretario de Estado de Seguridade.
Por esas datas
empezaba a tomar forza a rede de equipos de resposta a incidentes
informáticos (CERT). Aos dous que existían, ambos os dous do mundo
académico -IRIS-CERT, en RedIris e esCERT-UPC, na Universidade
Politécnica de Cataluña- uníronse o gobernamental CCN-CERT e o
INTECO-CERT, para pemes e cidadáns.
"Sen nomeamento formal, moitas das funcións asociadas
á ciberseguridade desempéñaas o CERT do Centro Criptológico Nacional",
que depende do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), explican en
Defensa. O seu principal obxectivo é "protexer as redes e sistemas de
información das tres administracións". Tamén exerce de "coordinador"
entre os outros cinco equipos de resposta existentes, entre os que
tamén se inclúen o CSIRT-CV da comunidade valenciana e primeiro
autonómico, e La Caixa CSIRT, de ámbito privado e reducido á entidade
bancaria.
"Cremos que é imprescindible a colaboración non só dos
CERT dun país, senón dos equipos de todo o mundo para afrontar unhas
ameazas que non teñen fronteiras", explican en T-B Security, o socio
tecnolóxico do CCN-CERT.
Estonia sufriu un ataque a escala masiva
en 2007. Pioneira no voto electrónico e co 98% das transaccións
bancarias dixitais, viu como unha simple estatua xeraba unha
ciberbatalla, que paralizou a súa infraestrutura tecnolóxica. Entón, a
OTAN creou na capital de Estonia o Centro de Excelencia en
Ciberdefensa, onde traballan dous españois. Piratas informáticos tamén
atacaron as webs do Goberno xeorxiano pouco antes do desembarco das tropas rusas no seu territorio.
Sen esquecer os 4.000 millóns de dólares en perdas que xeran os ciberestragos, segundo Economías Desprotexidas: Protexendo a información vital, presentado en Davos.
A axencia europea ENISA advirte da necesidade de prepararse ante un eventual "11-S dixital".