Poderán beneficiarse das axudas os traballadores por conta propia con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia, agás os comerciantes retallistas.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda no ano 2009 permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2009, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.
As actuacións subvencionables están orientadas á adquisición de ordenadores persoais que dispoñan das ferramentas axeitadas de software libre.
Os requisitos necesarios para os gastos subvencionables son:
O investimento deberá incluír como mínimo os seguintes elementos:
Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
Entenderase como investimentos subvencionable os custos en que incorra cada beneficiario como consecuencia da subministración por parte dalgunha das entidades colaboradoras, sempre que a adquisición e posterior mantemento da propiedade se realice cumprindo todos os requisitos e trámites aquí establecidos.
En ningún caso o custo de adquisición poderá ser superior ao valor de mercado.
Cada solicitante só poderá ser beneficiario dunha axuda ao abeiro deste réxime de axudas.
En todo caso, os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con posterioridade á aprobación previa por parte da consellería.
Para acceder a esta subvención deberá tramitarse a solicitude exclusivamente a través das tendas de informática que teñan a condición de entidades colaboradoras que sexan seleccionadas pola Consellería de Innovación e Industria.