España será invitada de honra á CeBIT de 2010

A feira informática CeBIT de 2010 celebrarase na localidade de Hannover entre o 2 e o 6 de marzo do ano próximo.

Logotipo de CeBIT 2010"España é un dos nosos principais socios e está dentro dos cinco países máis importantes no mercado europeo de alta tecnoloxía", di o comunicado que anuncia o papel especial de España na Feira do ano próximo.

O comunicado, ademais, sinala que nos últimos anos a industria de alta tecnoloxía tivo un desenvolvemento moi dinámico en España e que hai algúns campos nos que hai aínda moito potencial de crecemento.

Segundo o comunicado, a situación da industria informática en España é estable, comparado con outros países europeos, e para 2009 espérase que a facturación volva crecer despois dunha baixa moderada neste ano.

O comunicado subliña ademais que a experiencia que ten España co mercado latinoamericano fai que as empresas españois sexan socios moi atractivos para empresas alemás.