Requisitos para acceder á exención de cota por desemprego
Ser membro colexiado/a cunha antigüidade mínima de 6 meses.
Se o interesado/a é traballador/a por conta allea deberá ter causado baixa na súa relación laboral de forma non voluntaria e atoparse en situación de desemprego no momento de realizar a solicitude de exención de cota.
Se o interesado/a é autónomo/a deberá ter cotizado á Seguridade Social nos últimos 6 meses e acreditar a baixa da súa actividade.
Documentación necesaria
- Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Certificado que acredite a situación de desemprego.
- Formulario de solicitude de exención de cota cumprimentado e asinado [descargar].
Dereitos e obrigas
Os/as colexiados/as que se acollan á exención de cota estarán suxeitos/as aos dereitos e obrigas que se recollen neste apartado.
Dereitos
Supresión das cotas de colexiación desde o momento da solicitude da exención.
Acceso aos servizos colexiais coas limitacións que a Xunta de Goberno estime pertinentes de cara a manter a sostenibilidade económica e operativa do colexio.
Obrigas
Acreditar a permanencia na situación de desemprego remitindo a colexio nos meses de xuño e decembro o certificado que acredite a permanencia en tal situación.
Notificar a finalización de situación de desemprego en canto esta se produza.
Aboar as cotas de colexiación desde o momento da finalización da exención de cota.
Causas de finalización da exención de cota de colexiación
Solicitude ou notificación por parte do interesado/a.
Incumprimento dos requisitos establecidos para acceder á exención de cota. Baixo este suposto considerarase que a data efectiva da finalización da exención de cota será a do día seguinte á finalización da situación de desemprego.
Onde entregar ou remitir a documentación
Os documentos para a exencio da cota deberán entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 13 1ºATeléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 99715701 Santiago de Compostela (A Coruña)