É importante para calquera entidade garantir a seguridade na difusión de información
confidencial tendo en conta os riscos que supón perder o control de
contidos como contratos, transaccións
financeiras ou datos de clientes.
Pódese violar a propiedade
intelectual ou a Lei Orgánica de Protección de Datos
e as consecuencias
para as empresas abranguen dende perdas de clientes e investidores ata
sancións económicas. Estímase que cada incidente de seguridade pode
supoñer un custo medio de 1,3 millóns de euros para as compañías.
Neste contexto, fíxose necesario contar cun Responsable de
Seguridade da Información que se incorpore aos equipos directivos das
empresas considerando a información como un os activos máis importantes
de calquera compañía. Co obxectivo de analizar as competencias e
habilidades destes expertos en seguridade, o coñecido como CISO (Chief
Information Security Officer), ISMS Forum organizou a V Xornada
Internacional de Seguridade que se celebrará o próximo 28 de maio no
auditorio da Mutua Madrileña en Madrid.
GigaTrust, o provedor líder en software de seguridade para contidos
e correo electrónico, participará nesta xornada como patrocinador prata
do evento para fomentar a creación e a incorporación do CISO á
dirección das empresas. No encontro, os expertos de GigaTrust
compartirán cos máximos responsables de seguridade de compañías
punteiras as súas experiencias e analizarán as ferramentas para
asegurar a comunicación tanto dentro coma fóra da empresa controlando
como se intercambia información sensible.
Un dos restos do CISO que se tratará nesta V Xornada de Seguridade
é como establecer e reforzar as políticas corporativas de seguridade
para protexer a comunicación diaria en Internet. Neste ámbito, o
software de GigaTrust -gold partner de Microsoft- permite comprobar e
realizar un seguimento de como o receptor dos correos electrónicos
utiliza a información protexida e así evitar que se utilice para
prexudicar á empresa.
Marie-Claire Pfeifer, Conselleira Delegada de GigaTrust en España,
considera que "é importante que debatamos sobre os modelos de
organización na xestión da seguridade da información coa incorporación
do CISO como parte activa dos equipos directivos". Pfeifer sinala
ademais que "o Responsable de Seguridade ten que saber conxugar a
aplicación das novas tecnoloxías reducindo, ao mesmo tempo, o risco de
fugas de información".