O colexio inicia o curso de Business Intelligence

A actividade formativa permitirá que 26 enxeñeiros e enxeñeiras adquiran coñecementos nunha das tecnoloxías con maior desenvolvemento nos últimos anos, centrándose na plataforma Open Source Pentaho.

Inauguración do curso de Business Intelligence 2009Hoxe, venres 26 de maio, tivo lugar a sesión inicial do curso de Business Intelligence organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a cal se desenvoverá durante 20 horas longo de catro días dos meses de maio e xuño.

Esta actividade formativa permitirá que 26 Enxeñeiros/as en Informáctica complementen os seus coñecementos nun dos eidos en maior expansión nos sistemas de información corporativos.

No contorno empresarial actual cada vez máis é necesario tomar decisións importantes e rápidas en base á información dispoñible nos sistemas de xestión informatizados e isto require de ferramentas que faciliten este proceso de toma de decisións.

As tecnoloxías de Business intelligence permiten mellorar a velocidade e capacidade das organizacións para tomar decisións, simplificando e integrando servizos na mesma plataforma, e proporcionando interfaces abertas para acceder e compartir datos, dentro da mesma organización ou con outras organizacións externas.

Neste sentido, a plataforma Open Source Pentaho Business Intelligence cobre moi amplas necesidades no eido da análise de datos e dos informes empresariais, convertendo a Pentaho nunha solución moi flexible para cubrir unha ampla gama de necesidades empresariais, dende as básicas e sinxelas ata as sofisticadas e especificas do negocio.