
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no segundo sábado do mes de xuño.
Data, hora e lugar
- Data: Sábado 13 de xuño de 2009.
- Hora:
- Asemblea Xeral extraordinaria: 16.00 en 1ª convocatoria e 16.30 en 2ª convocatoria
- Asemblea Xeral ordinaria: 17.30 en 1ª convocatoria e 18.00 en 2ª convocatoria
- Lugar: Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Sur, Santiago de Compostela.
Documentación relacionada coas asembleas
Convocatoria
Na convocatoria oficial das asembleas poderá atopar a xustificación das mesmas, as ordes do día.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Estatutos
A Asemblea Xeral
extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade
aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a
operativa do colexio.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Decreto 112/2008, do 15 de maio, polo que se aproban os Estatutos do CPEIG [descargar]
Estatutos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (2008) (Galego) [descargar]
Estatutos del Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (2008) (Castelán) [descargar]
Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]
Actas das asembleas celebradas en 2008
No ano 2008 celebráronse dúas asembleas xerais das cales é precisa a aprobación das súas actas.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Memoria anual de actividades
Os estatutos do colexio
recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da
memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do
Colexio.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Contas do exercicio 2008
A aprobación das contas é un
trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto
bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Orzamentos e cotas de colexiación
Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe
aprobar os orzamentos do ano 2009 e as cotas de colexiación.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
Código deontolóxico
O
estatutos do colexio establecen a obrigatoriedade de que os/as
colexiados/as compran coas normas deontolóxicas. Dado que estas normas
non están definidas formalmente, é intención da Xunta de Goberno que
durante a Asemblea Xeral 2009 se aprobe un código deontolóxico que
estableza este marco normativo.
En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:
- Código deontolóxico e de ética e práctica profesional (CDEPP.1) [descargar]
Candidaturas a colexiados/as de honra
Os estatutos do
colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de
honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que
lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión.
Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a
proposta da Xunta de Goberno.
- Candidatura a Colexiado de Honra 2009/01: D. Jesús Vázquez Abad [descargar]
- Candidatura
a Colexiado de Honra 2009/02: Presidentes da AEIG. D. Javier Rodeiro
Iglesias, D. Gabriel Ferreiro Pena, D. Jesús Rodríguez Castro [descargar]