Aprobada por unanimidade a Toma en Consideración das Proposicións de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios

Todos os Grupos Parlamentarios votaron a favor da Toma en Consideración das Proposicións de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros en Informática.

León á entrada do Congreso dos DeputadosO Comité para a Creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñeiros en Informática (CCII) e os Colexios que o constitúen felicítanse pola toma en consideración das proposicións de Lei de Creación do Consello Xeral obxecto da súa constitución, o que se traduce no comezo do trámite parlamentario.

Os diferentes Colexios Profesionais de ámbito autonómico, ao tempo que agradecen aos distintos grupos parlamentarios o seu apoio e compromiso inequívocos, queren significar o carácter unánime da citada toma en consideración, o que ratifica a especial importancia da Enxeñaría Informática na sociedade actual, e a súa consideración como profesión estratéxica para o desenvolvemento do novo modelo económico baseado no coñecemento, medida esta deseñada polo Goberno para atallar a difícil conxuntura económica actual.

Dende estes momentos, tanto o CCII como os colexios profesionais aos que representa desexan ratificar a colaboración que viñeron ofrecendo ao longo dos últimos meses na elaboración das diferentes propostas, e non dubidan que a definitiva aprobación desta Lei, así como a creación do Consello e con iso a participación dos profesionais da Enxeñaría Informática nos ámbitos nacional e internacional axudarán a situar o país nas posicións de cabeza en termos de desenvolvemento da sociedade da información e o coñecemento.

As intervencións dos diferentes grupos parlamentarios en relación coas Proposicións de Lei foron as seguintes:

AdxuntoTamaño
diario_sesion_congreso_20090526.pdf423.14 KB