O erro corrixiuse sen problema, pero deu un bo susto aos afectados. A incidencia implicou a uns 300 estudantes, aínda que as contías foron diferente.
A noite nunha residencia universitaria a prezo de suite nun hotel de
luxo. Así
facturou a semana pasada a Universidade de Santiago de
Compostela (USC) as cotas de alumnos que se aloxan nas súas residencias
e colexios maiores. O motivo, un fallo informático, xa emendado, que
fixo que se chegase a cargar unha cota mensual a varios estudante de
máis de 13.800 euros, a razón de máis de 460 euros por cada día de
estanza.
O erro afectou a uns 300 alumnos dos máis de 1.000 aloxados
no sistema de residencias da USC, segundo apunta o vicereitor de
Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán Santos.
As cantidades rexistradas foron diferentes en cada caso, e non todas
tan avultadas, pero só no Monte de Condesa 11 universitarios viron
cargadas nas súas contas sumas de 13.861 euros.
A aplicación
informática volveuse de súpeto tola, ou algo parecido. A verdade é que
había alumnos moi preocupados, pero eses cargos se anularon sen ningún
problema, foi algo puntual. Claro que o susto é o suto", recoñece o
vicereitor Mayán Santos.
A aplicación informática empregada pola
Universidade de Santiago para cargar nas contas bancarias do alumnado a
cota mensual polo aloxamento funciona dende hai tres anos e ata agora
nunca sufrira un problema similar.
Desculpas por carta
O alumnado
afectado recibiu unha carta do vicerrectorado de Comunidade
Universitaria informándoos de que debían devolver a factura errada e
que máis adiante se lles facturará o importante correcto.
Os prezos
do aloxamento nas residencias e colexios maiores da Universidade de
Santiago de Compostela oscilan entre os 45 euros mensuais nun cuarto
dobre coa máxima subvención e os 284 por un cuarto individual para os
universitarios cunha renda familiar igual ou superior a 9.000 euros por
membro.