
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática
de Galicia foi consituído formalmente mediante asemblea o 15 de decembro de 2007.
O colexio é unha corporación
de dereito público e de carácter profesional, amparada
pola lei, con personalidade xurídica propia, que se rexerá
polas leis e disposicións vixentes na materia e polas seus estatutos. O
ámbito territorial do colexio é o correspondente á
Comunidade Autónoma de Galicia.
O colexio opera baixo o principio de estrutura interna
democrática, independente das administracións públicas,
sen prexuízo das relacións de dereito público
que con elas lle corresponda.
O colexio agrupa obrigatoriamente a todas as persoas españolas
e estranxeiras que, por estaren en posesión do título
oficial de Enxeñaría en Informática ou
Licenciatura en Informática expedido polo Estado, ou dos
títulos comunitarios ou estranxeiros que se homologuen a
estes, desenvolvan actividades propias da profesión ou exerzan
función ou cargo en razón dos devanditos títulos
con domicilio profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Están exentos da colexiación obrigatoria os profesionais vinculados coa
Administración pública mediante relación de
servizos de carácter administrativo ou laboral, cando o
destinatario da súa actuación, ben sexa para o
exercicio de funcións puramente administrativas, ben para a
realización de actividades propias da profesión por
conta da Administración á que pertenza, sexa esa
Administración.