A Comunitat ocupa a última posición no ranking nacional de ordenadores por profesor.
A Conselleria de Educación valenciana acordou presentar un real
decreto polo
que se garante a creación de departamentos didácticos de
informática en todos os institutos e centros de Formación Profesional
da Comunitat. Esta proposta, que responde a unha das principais
demandas do sector sindical, vén a cubrir unha das necesidades máis
demandadas dos últimos dez anos nos centros de Secundaria que denuncian
a falta de respaldo da administración educativa á hora de poñer en
marcha proxectos relacionados coas novas tecnoloxías e da creación de
equipos especializados.
De feito, para a Federación de Ensino de UGT, "non
abonda coa creación dos departamentos didácticos de Informática nos
institutos", senón que, ao seu xuízo, "tamén procede que se lles dote de
profesorado especializado nesta materia", de maneira que se garanta que
en todos os centros "existan polo menos dous profesores por
departamento, un da especialidade de Informática e outro do corpo
técnico de profesores de FP, da especialidade de Sistemas e Aplicacións
Informáticas," indicaron fontes sindicais.
Para UGT, a medida "chega certamente moi tarde e tras
unha importante loita das organizacións sindicais docentes e a propia
asociación de profesores de informática", segundo informaron fontes
sindicais nun comunicado.