Viviane Reding subliñou a necesidade de que Europa conte cunha estratexia global para o cibercrime.
A Comisión Europea
criticou aos estados membros por fracasar á hora de traballar xuntos
nun plan sobre o crime online conxunto, e pediu o nomeamento dunha
figura capaz de coordinar unha estratexia sobre ciber seguridade a
nivel europeo.
Viviane Reding, comisaria europea de Sociedade da
Información e Medios de Comunicación, advertiu do potencial impacto de
ataques en infraestruturas de redes críticas.
Segundo Reding a axencia de seguridade europea Enisa
está limitada a facilitar o intercambio de información e non é probable
que se converta no centro europeo de defensa contra os ciberataques.
"Non" estou "contenta con isto. Creo que Europa debe facer máis pola
seguridade das súas redes de comunicación", dixo Reding, que tamén
comento que "Europa necesita" un 'Mister Cyber Security' con autoridade para actuar inmediatamente se está en marcha un ciberataque. Vou loitar para que isto se estableza tan pronto como sexa posible".
A
comisaria europea tamén fixo referencia aos usuarios, para que
permanezan vixiantes á hora de asegurarse de que os seus ordenadores
non se vexan comprometidos e se utilicen para lanzar ataques como parte
dun botnet. "Internet é unha rede aberta", dixo Reding, "o que
significa que o usuario é un xogador clave na loita diaria pola ciber
seguridade".