A electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións
facturaron en 2008 uns 102.600 millóns de euros, practicamente o mesmo
que o ano anterior.
Segundo o informe anual da Asociación de Empresas de Electrónica,
Tecnoloxías de información e Telecomunicacións de España (AETIC), o hipersector TIC (o que unifica a electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións) facturou en 2008 practicamente o mesmo que en 2007, é dicir, rexistrou un crecemento cero que non se daba dende 1992.
Como publica Channel Insider, o estancamento deste segmento do mercado débese a caída do 15% producida na electrónica de consumo.
O motivo, segundo Jesús Banegas, presidente de AETICl, foi que "a
transición dende os raios catódicos ata as pantallas planas xa está
esgotada", xunto coa propia madureza do mercado dos DVD e das cámaras
dixitais. A pesar de todo, a asociación sinalou que o futuro deste
subsector se enfoca na TDT e na radio dixital.
Non obstante, as Tecnoloxías da Información foi o segmento que máis creceu en 2008 (un
4% respecto ao ano anterior), o que supuxo o 17% do hipersector TIC.
Nesta rama, os servizos informáticos foron os que lograron os maiores
ingresos, seguidos do hardware.
Os servizos de Telecomunicacións creceron un 1%, xerando o 44% dos ingresos totais do hipersector, sobre todo avalado pola venda de móbiles.
"Tocaremos
fondo, recuperarémonos e teremos un papel fundamental porque é un dos
sectores máis importantes da economía e cunha grande enerxía potencial
para seguir crecendo", dixo Banegas.
O directivo apelou ao
Goberno para lograr máis axudas de carácter regulatorio por parte das
institucións, como as medidas para incentivar o investimento privado e
o funcionamento correcto do Plan Avanza.