O cracker foi detido pola Garda Civil en Xerez da Fronteira, Cádiz.
O ciberdelincuente roubou contrasinais de correos electrónicos e contas bancarias de máis de 1.000 persoas, preferentemente coñecidos seus pero tamén políticos, xornalistas, escritores, médicos e avogados, algúns deles moi famosos, segundo sinalaron en fontes da Garda Civil.
O cracker (como se coñece o pirata informático que ten fins
delituosos), de 41 anos, é licenciado en Documentación e foi profesor
da Universidade de Cádiz, e podería padecer un trastorno psiquiátrico.
Non perseguía roubar diñeiro, senón que buscaba información persoal
sensible á vítima co fin de extorsionala, ou causarlle unha molestia
como dalo de baixa na compañía eléctrica ou telefónica.