É unha das predicións dun estudo da British Computer Society, BCS,
sobre os retos e posibilidades das tecnoloxías informáticas que se van
desenvolver nos próximos 20 anos.
Esperan que se creen verdadeiros "arquivos de coñecemento" capaces de facer complexas interrelacións coas que analizar e propoñer solucións a problemas humanos relacionados coa economía ou a vida en sociedade. En concreto, segundo recolle Tendencias 21, poderían analizar unha situación económica difícil dun país e propoñer modelos para saír dela.
O informe, que pode consultarse en pdf,
contempla que a tecnoloxía provocará en 20 anos grandes cambios na vida
e a sociedade dos humanos similares aos que trouxo a Revolución
Industrial. Céntrase en 8 grandes areas. O exito nalgunhas das cales
permitiría encontrar solucións para remediar o fracaso de colleitas,
para entender mellor a motivación dalgúns personaxes históricos ou
conseguir modelos económicos aplicables na sociedade.
En concreto os 8 retos informáticos que documenta a British Computer
Society son " In Vivo-In Silico", a recreación por ordenador do
comportamento das plantas; "Ubiquitous Computing" para deseñar
tecnoloxía que se adapte a ambiénteos humanos;"Memories for Life",
utilizar a tecnoloxía para explotar o valor da experiencia humana; "The
Architecture of Brain and Mind", desenvolver robots máis sofisticados e
eficientes;"Dependable Systems Evolution" crear sistemas máis fiables
para rematar coas pantallas azuis e outros erros tecnolóxicos.
Tamén falan do "Journeys in Non-Classical Computation", levar os
conceptos informático máis alá do contexto convencional;"Learning for
Life", desenvolver máquinas capaces de falar con outras máquinas e
"Bringing the Past to Life for the Citizen", recrear eventos históricos
para achegalos a máis xente.