Durante o intermedio do acto e ao final do mesmo, os membros do
CPEIG e CPETIG aproveitaron para intercambiar opinións sobre a marcha
actual dos dous colexios.

O pasado xoves 31 de xaneiro tivo lugar no
Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela o acto de constitución
do Clúster TIC de Galicia, do cal o CPEIG e membro fundador. Na
actualidade o Clúster TIC de Galicia engloba a 117 membros relacionados
co sector, entre os que se atopan empresas, colexios profesionais,
administracións públicas e asociacións.
Por parte do CPEIG asistiron ao acto o presidente, Fernando Suárez,
o secretario, Juan Antonio Valiño, e o vicetesoureiro, Antón Campos.
Este último desempeña na actualidade o cargo de secretario da xunta
xestora provisional do Clúster TIC de Galicia.