

Dende hai varios
anos, O Servizo Galego de
Igualdade (SGI),
dependente de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, estivo a traballar
coa Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG) co
fin de impartir cursos de iniciación a Internet a mulleres no
contorno rural. A partir deste ano, será o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o que colabore co SGI,
de xeito que proporcione docentes para a impartición dos cursos.
Obxectivo
Xeralizar a utilización de Internet nos fogares por parte das mulleres, de xeito que lles permita reforzar educativamente aos/ás seus/súas fillos/as de primaria, realizar a declaración da renda, procurar viaxes, manexar correo electrónico, pedir citas médicas e outros.
Lugares de impartición
Os cursos deste
primeiro semestre de 2009 realizaranse en:
Carballo
Láncara
Santa Comba
Sarria
Touro
Xunqueira
de Espadañedo
Docentes
Para a impartición
destes cursos precisanse 6 profesores/as Enxeñeiros/as en Informática.
Desenvolvemento dos cursos
Os cursos son de 20 horas
de duración.
Os días e horarios
dos cursos están por confirmar por parte dos concellos.
O manual xa está
elaborado, polo que o traballo dos profesores limitarase a impartir o
curso.
Os honorarios serán de 75 Euros/hora se non se precisa desprazamento e de 90
Euros/hora se hai desprazamento.
Hai que ter en
conta que sobre o importe total do curso, o Servizo Galego de
Igualdade fará unha retención do 15% en Facenda. Enviarase o
xustificante correspondente para adxuntar na declaración de IRPF.
Os pagos realízaos directamente o Servizo Galego de Igualdade.
Pre-inscrición
A pre-incrición como docente deste cursos é un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as. Para a realizar a pre-inscrición como docente é preciso cumprimentar o formulario online de pre-inscrición.
Unha vez enviado o formulario, nun prazo máximo de 48 horas desde o seu envío, será precisio remitir o Curriculum Viate ao enderezo electrónico que se indica ao final do proceso de pre-inscrición online.
Admisión
e confirmación da asistencia
Os docentes serán seleccionados en función dos
parámetros anteriores, a lista de concellos e a dispoñibilidade
horaria.
Tal e como se veu
facendo en todas as convocatorias anteriores, tratarase de repartir
os cursos entre todos os interesados/as, de xeito que se beneficie o
maior número de colexiados/as posíble.