A convocatoria fai un chamamento masivo a todos os
implicados nesta problemática, desde os familiares, pasando polos
amigos e coñecidos, até os propios estudantes, profesionais e
traballadores do sector.
Naceu
unha nova web en Galicia coa intención de converterse no nexo de
unión
entre alumnos, profesores e profesionais das enxeñarías en informática
e constituirse como o principal punto de información fiable e
actualizada.
Desde esta web, infórmase de que está convocada unha manifestación
na cidade da Coruña para o vindeiro 17 de marzo coa esperanza de contar cun apoio masivo
para facer escoitar as reivindicacións que xeneran dita mobilización. Asi mesmo, faise un chamamento masivo a todos os
implicados nesta problemática, desde os familiares, pasando polos
amigos e coñecidos, até os propios estudantes, profesionais e
traballadores do sector.
O
CPEIG, tal e como fixo público a través dun comunicado apoia todas as
accións que, respectando a legalidade vixente, teñan como finalidade
reivindicar aquelo polo que ésta corporación ven loitando dende a súa
constitución: a regulación profesional das enxeñarías en informática.