Alivio informático para a crise

O pasado martes 24 de febreiro o diario La Voz de Galicio publicou, na sección "Firma invitada", un artigo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, sobre o papel da informática na crise económica.

Fotografía de Fernando Suárez LorenzoFotografía de Fernando Suárez LorenzoNo artigo, o Presidente do CPEIG enmarca a enxeñaría en informática dentro da Iniciativa 2010 da Estratexia de Lisboa e do contexto actual de crise económica mundial.

En palabras de Suárez, "non é posible avanzar na modernización de España sen un pleno desenvolvemento da sociedade da información, que actúa como elemento de desenvolvemento social e de benestar para todos".

Así mesmo, o Presidente do CPEIG tamén indicou que "O CPEIG fará todo o que estea nas súas mans para axudar a Galicia a remontar a situación económica á que se enfronta". Según Suárez "o sector informático é un neto creador de emprego, tivo un sólido e ininterrumpido aumento desde os seus inicios, hai xa trinta anos". 

AdxuntoTamaño
artigo_la_voz_de_galicia_2009_02_24.pdf124.22 KB