Fernando
Suárez, Presidente do CPEIG, e Senén Barro, Reitor da USC, reuníronse a comezos de febreiro para
abordar a necesidade de avanzar na equiparación desta titulación
coas demais enxeñarías.
O
presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia,
Fernando Suárez, mantivo a comezos de febreiro unha xuntanza co
reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, na
que lle expuxo a urxencia de regular o exercicio profesional dos
enxeñeiros informáticos. Neste sentido, abordouse especialmente a
necesidade de avanzar na regulación dos estudos de Enxeñaría
Informática e a posibilidade de elaborar a ficha para esta
titulación.
No
encontro, que puxo de manifesto a proximidade de ambas entidades con
respecto á problemática da profesión, tamén comentaron os avances
que se produciron desde a reunión desenvolvida no Ministerio de
Ciencia e Tecnoloxía en xaneiro. Ademais, Fernando Suárez e Senén
Barros coincidiron no seu interese por establecer un convenio de
colaboración entre o Colexio e a Universidade.
Por
outra banda, o reitor da USC vén de reafirmar publicamente o seu
apoio expreso á regulación da Enxeñaría Informática no marco
dunha conferencia-coloquio desenvolvida en Valencia. Por este
motivo, Fernando Suárez remitiulle unha carta na que lle transmite o
seu agradecemento no nome de todos os profesionais colexiados no
CPEIG.