A Plataforma Nacional
de Asociaciones de Profesores Informática (PNAPI) denunciou hoxe no
Parlamento Europeo a "precariedade" das ensinanzas das Tecnoloxías da
Información e Comunicación (TIC) en España.

Os docentes criticaron nunha intervención na comisión de Peticións
da eurocámara o feito de que as materias non teñan carácter obrigatorio
e que, ao non se definir a atribución exclusiva ao profesorado
especialista, na maioría dos casos non sexa este profesional o
encargado de impartir os contidos.
"Consideramos un erro que o Ministerio de Educación non dera
carácter obrigatorio á materia de Informática de 4º de ESO e que non
incluíra a materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación nunha
das modalidades do bacharelato", sinalaron.
Ademais, os profesores cren que é un "gravísimo erro" e unha
"fraude ao alumnado" que en España se atribuíran as materias de TIC a
especialidades diferentes como informática, tecnoloxía e matemáticas.
Os docentes interviñeron ademais ante os eurodeputados para volver
pedir á Comisión Europea (CE) a corrección dun informe de 2004 sobre a
situación do ensino das TIC en Europa que, ao seu xuízo, non reflicte a
realidade no caso de España. EFE mvs/sc